A nosa empresa

A sede da nosa empresa está na UE, concretamente na Italia.
A nosa empresa está a traballar no desenvolvemento e na operación dunha solución que faga posible o acceso remoto a sistemas.
O noso modelo de negocio está baseado nas subscricións. As subscricións proporciónannos a estabilidade financeira que nos permite medrar e mellorar.
Estamos abertos a colaboracións.

A nosa equipa

A nosa equipa está completamente comprometida co noso proxecto, que é ofrecer un sistema que permita o acceso remoto a dispositivos.
Aínda que temos a sede na Italia, a nosa equipa traballa no proxecto e na súa infraestrutura dende varios lugares arredor do mundo.
Facemos todo o posible para asegurármonos de que a xente que nos contacta obteña as solución e as respostas que están a procurar.
Toda a nosa equipa está comprometida coa creación dun sistema que non só sexa eficiente e sinxelo de usar, senón que ofreza tamén o nível máis alto posible de seguridade e privacidade. Para todo o mundo.

Actividades en curso

Mantendo, operando e mellorando a infraestrutura actual e a nosa comunidade. Algúns exemplos:
  • Supervisión e mantemento regulares dos nosos servidores e nodos.
  • Asegurando operacións seguras e continuas.
  • Soporte e asistencia a clientes e usuarias.
  • Mellorando a seguridade do noso sistema.
  • Procurando novas solucións.
  • Manter e fortalecer a confianza das nosas usuarias.
  • Mellora das funcións xa existentes.
  • Desenvolvemento de novas funcións.

Os noso obxectivos

  • O noso obxectivo primeiro é ofrecer o noso servizo de balde e sen anuncios por defecto. As subscricións son as que nos permiten facelo.
  • Maximizar a seguridade das contas das nosas clientas e usuarias.
  • En paralelo á estabilidade e seguridade, gostariamos de ofrecer novas funcionalidades.
  • Gostariamos de acadar o maior número de usuarias satisfeitas posible.

O noso camiño para a mellora

Máis subscricións Máis cartos
Máis cartos Máis desenvolvemento
Máis desenvolvemento Máis funcionalidades
Máis funcionalidades Máis usuarias produtivas
Máis usuarias produtivas Máis usuarias satisfeitas
Máis usuarias satisfeitas Máis subscricións
Máis subscricións ...