Todas as comunicacións entre compoñentes e entre usuarias e axentes empregan o porto TCP 443 (https estándar). As comunicacións encríptanse mediante certificados SSL en concordancia cos actuais estándares de seguridade.
A única información de usuaria que se garda nos nosos servidores é:
- Datos de autentificación: enderezo de correo electrónico, contrasinal e outros datos persoais non obrigatorios.
- Datos de axente: nome, descrición, etc.
- Datos do Axente compartido: nome, configuración, contrasinal de inicio de sesión (se é que foi establecido).
- Datos de acceso: hora de inicio, hora de fin, enderezo IP.
Todos os contrasinais están hasheados de acordo cos estándares de seguridade actuais. Só se almacenan os hashes dos contrasinais, de xeito que non é posible recuperar os contrasinais en texto plano. Ademais, non se almacena nos nosos servidores ningún dato que pase entre usuarias e axentes. Gardamos datos de acceso para protexer as usuarias e o noso servizo en caso de uso indebido (se fose necesario, poderiamos proporcionar esta información ás autoridades competentes).
DWService emprega todas as medidas de seguridade razonables para salvagardar a información almacenada nos seus servidores. A pesares das medidas de seguridade empregadas por DWService, as usuarias deben ser conscientes de que é imposible garantir unha seguridade absoluta respecto á información electrónica.