Resumo

DWService permite o acceso remoto a sistemas a través dun navegador web normaliño.

Imaxina que estás en calquera sitio do plantea coa necesidade de acceder ao teu ordenador persoal. Podes iniciar un navegador web en calquera dispositivo, conectareste á web de DWService e accederes de xeito inmediato ao teu ordenador da casa.
Como é posible? Moi sinxelo, rexístrate en DWService e instala DWAgent no teu ordenador da casa.
DWService
Cloud

Todo isto e moito máis

DWService permíteche facer moito máis ca conectarte en remoto aos teus dispositivos, xa que tamén che permite compartir o acceso remoto de xeito seguro con outras usuarias mediante Aplicacións.
Incluso con persoas que non están rexistradas en DWService. Por exemplo, podes compartir un cartafol coas fotos das vacacións, aloxado no teu PC, con familia e amigos sen teres que publicalas en ningún servidor externo.